As presidenciais portuguesas vistas dende a deputación provincial de Galicia

Este domingo hai eleccións presidenciais en Portugal e en Galicia parece que non o sabe ninguén. Todos coñecemos ao detalle as eleccións estadounidenses, por exemplo, pero poucos saberían nomear tres candidatos portugueses, aínda que o país viciño estea á volta da esquina. Revisamos as candidaturas desde unha ollada galega e poñemos o foco nas limitacións políticas coas que Galicia se pensa a si mesma.

































