Noah Chichester

Noah Chichester

Escritor e fundador de winesofgalicia.com, o único recurso en inglés na web adicado ao estudo dos viños galegos. Chegou a Galiza en 2018 e namorou da lingua e a cultura galega de inmediato. Graduado en Historia e Canto Lírico pola State University of New York at Geneseo. De 2018 a 2022 exerceu de auxiliar de conversa en inglés na Coruña e na Rioxa. Ten colaborado na Voz de Galicia, El Correo Gallego, Radio Galega, e tamén no popular programa da TVG, «DígochoEu».

Da lingua galega e os seus topónimos

Téñenme dito que falo castelán con acento galego: a musicalidade e a cadencia é unha das primeiras cousas que a xente do resto de España detecta e imita. "Ah, galleguiño", din, usando o característico diminutivo galego -iño/-iña. “Que tal las vaquiñas?”

Algúns apuntamentos sobre o carácter galego para principiantes

Noah Chichester (Nova Iorque) pasou os últimos anos da súa vida facendo un extenso traballo de campo arredor das comarcas vitivinícolas da Galiza. Longas xuntanzas nas que tentaba extraer a máxima información sobre os usos, costumes e a sabedoría arredor de todo o que rodea o viño galego. Así é como o estadounidense percebeu o carácter popular do país.

A derradeira queimada no Cachivache

O caso do Cachivache é unha excepción da regra: pechou antes da pandemia. Pero non antes de facer unha última queimada. Neste ensaio escribo unha homenaxe ao bar coruñés que me acolleu ao chegar a Galiza e onde comezou a miña historia de amor pola lingua e a cultura galega.
Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad