Quen somos?

Consello Editorial

PONTEVEDRA | 1998

Graduado en Socioloxía, graduado en Relacións Internacionais, e mestre en Desenvolvemento Económico pola Universidade Complutense de Madrid, a Universidade Jagellónica de Cracovia e a Universidade de São Paulo. Gaiteiro, escritor e galeguista.
Autor de “Alén” (Deputación de Pontevedra, 2020), novela gañadora do premio á Preservación da Lingua e a Cultura Galega outorgado pola Deputación de Pontevedra.

PONTEVEDRA | 1998

Graduado Plurilingüe en Economía pola Universidade da Coruña e a Universidade de Opole (Polonia). Mestrado en Formación do Profesorado na Universidade da Rioxa. Estudante do Mestrado en ELE na UNIR. Actualmente, opositor e profesor interino do eido económico-empresarial. Galeguista, progresista e europeísta.

VIGO |1997

Físico e matemático. Investigador no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Comunicador científico e activista pola educación pública.

NAVIA DE SUARNA |1999

Graduada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun mestrado de Comunicación Dixital e Novas Tecnoloxías pola Universitat Abat Oliba de Barcelona, Copywriting na Barcelona School of Creativity e Fotografía Documental en Labasad. Creadora do proxecto de divulgación comarcal O Argueiro dos Ancares mediante o cal trata de pór en valor a vida, cultura, tradición e historia dos Ancares e da súa contorna. Colaboradora en diferentes iniciativas relacionadas coa dinamización do mundo rural.

PONTEVEDRA |1997

Operário. Historiador pola USC e apaixonado pola nossa história contemporánea e a filologia. Militante da esquerda independentista galega e dos movimentos sociais do país desde o ano 2014. Membro de dous projetos editoriais de base e fondamente internacionalista.

Colaboracións

MARÍN | 2000

Graduado en Economía pola Universidad Carlos III de Madrid e mestre pola mesma universidade en Big Data Analytics, traballo actualmente coma Científico de Datos no BBVA. Apaixonado da historia do noso país, a economía e os datos. Militante do Bloque Nacionalista Galego, actúo convencido da necesidade de loitar por un movemento nacionalista amplo e plural como ferramenta para construírmos a Galiza do futuro.

Noah Chichester

Potsdam, Nova York | 1996

Escritor e fundador de winesofgalicia.com, o único recurso en inglés na web adicado ao estudo dos viños galegos. Chegou a Galiza en 2018 e namorou da lingua e a cultura galega de inmediato. Graduado en Historia e Canto Lírico pola State University of New York at Geneseo. De 2018 a 2022 exerceu de auxiliar de conversa en inglés na Coruña e na Rioxa. Ten colaborado na Voz de Galicia, El Correo Gallego, Radio Galega, e tamén no popular programa da TVG, «DígochoEu». 

MOAÑA | 1998

Graduada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e mestra en Documental e Reportaxe pola Universidade Carlos III de Madrid-RTVE. Experimentada nas andainas da prensa local, no Diario de Pontevedra e La Región de Ourense. Antes, redactora en prácticas do programa de actualidade política La Noche en 24h. Apaixonada polas conversas, a protección do medio ambiente e as causas sociais. Feminista e defensora dos dereitos LGTBQ+. Hai que dicilo?

ILLA DE ONS | 1993

Graduado en Enxeñaría Forestal pola Universidade da Vigo. Exconcelleiro do Concello de Bueu. Colaborador con colectivos a prol da divulgación da historia e cultura da Illa de Ons. Galeguista, socialdemocráta e europeísta.

A CORUÑA | 1999

Graduado en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade de Salamanca. Máster Erasmus Mundus da Comisión Europea European Politics and Society, nas Universidades de Leiden, Carolinxia de Praga e Pompeu Fabra (Barcelona). Investigador predoutoral en Historia Contemporánea, na liña de Estudos do Nacionalismo, da Universidade do País Vasco. Traballa temas coma a sociolingüística, o asociacionismo, o nacionalismo banal e a identidade cultural no seo da diáspora galega en Euskal Herria. Divulga a cultura simbólica e visual desta no arquivo dixital do Instagram @galizaeuskadi.

RIBADEO | 2001

Cristián, galeguista e ribadense orgulloso. Gradueime en Filoloxía Clásica (USC), estudo Teoloxía (UPSA) e o mestrado de Profesorado (UAX). Teño participado en diversos proxectos políticos e culturais: Vicesecretario de Medio Rural e Demografía nas Novas Xeracións do Partido Popular de Galicia (2023-2024), presidente da Comisión de Festas de Ribadeo (2023-presente), vicepresidente da Asociación Xuvenil Pragma (2023-2024), coordinador de Students for Liberty en Galicia (2024-2025) e colaboro en medios escritos locais e culturais. Interésanme nomeadamente a Teoloxía, a Historia Contemporánea da Igrexa en Galicia, a literatura antiga e a reflexión sobre a actualidade.

LUGO | 2000

Profesional das políticas públicas de sustentabilidade e enerxía en EKOenerxía (Helsinki). Historiador institucionalista e das culturas políticas formado pola Universidade de Santiago de Compostela. XXVI Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo (2025) pola súa investigación sobre o rexionalismo conservador e centrista galego. De perfil multidisciplinar, os seus intereses abranguen a Economía Política, os Asuntos Europeos e as Relacións Internacionais. Protagonista incansábel do mundo organizativo xuvenil a través de múltiples asociacións, como Club de Debate Compostela (2022-2024), JEF Galicia (2023-presente) ou Equipo Europa (2025-presente). Aficionado á publicación editorial de libros e sempre na procura de oportunidades para compartir ideas, debates e os valores humanistas e do europeísmo.

CALVOS DE RANDÍN, COUTO MIXTO | 1996

Politólogo e historiador galego. Formouse na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en historia política e pensamento político contemporáneo. Desde setembro de 2024 exerce como profesor de Ciencia Política na Universidade de Vigo, onde desenvolve a súa actividade docente e investigadora. Os seus traballos céntranse no estudo do nacionalismo e do sistema político español. É autor do libro O pensamento político de Ramón Piñeiro e da edición comentada de Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco. Ademais, é articulista habitual en revistas científicas e culturais como Grial e membro do seu Consello de Redacción. Recibiu o Premio Alecrín 2024 de Investigación en Ciencias Sociais

COMPOSTELA | 1989

É licenciado em Comunicaçom Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Durante os últimos anos desenvolveu-se como profissional na redaçom de conteúdos em diversas empresas de Barcelona, cidade onde mora atualmente. Apaixonado pola geografia desde sempre, em julho de 2023 lançou o seu primeiro livro, «Mover os marcos. A (des-)organizaçom do território galego», com a Através Editora, em que analisa a criaçom e o fracasso das comarcas galegas oficializadas em 1997.

VIGO | 1988

Licenciada en Historia da Arte, con especialización en Arte da Era Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela. Historiadora da Arte, conferenciante, escritora e investigadora.

FERROL | 1997

Doutor en Historia Contemporánea. Investigador no grupo de Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA) da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa traxectoria colaborou con institucións como o NIOD Institute for War, Holocaust and Genocide Studies e o Moscow State Institute of International Relations. Participou de proxectos como Lugares de Memoria Democrática de Galicia, a criazón do Fondo de Propaganda Política Miguel Gutiérrez ou o informe para a recuperación das estatuas do Pórtico da Gloria do Pazo de Meirás. Conta con diversas publicacións, conferencias e eventos relacionados coas identidades políticas e nacionais en conflito, a memoria coletiva e o papel das tecnoloxías dixitais no conflito intergrupal.

LALÍN | 1991

A urbe dezá coma espello do meu mundo. Durante uns anos pasei pola Facultade de Bioloxía e pola de Matemáticas. Politicamente desencaixado, de lista en lista, dende a PAC ata o PSdG. En constante ruptura dos meus prexuízos.

Outras persoas colaboradoras

Miguel Argibay | Pontevedra, 1998

Pablo Castro | Pontevedra, 1998

Daniel Chapela | Bueu, 1999

Chema Naia | A Coruña, 1997

María Rúa (Prado Rúa) | Ourense, 2000

Rodri Suárez | A Coruña, 1974

Breogán Xague | Vigo, 1999

Deseño gráfico

Pepe Barro

Deseño web

Christian Fernández


A nosa historia

O Ferrado é un colectivo e revista cultural de intereses galegos formado pola mocidade galeguista no país e na emigración. O noso obxectivo é loitar pola dignificación da lingua, cultura e patrimonio da nación galega a través da escrita e o activismo político-social. 

O noso nome responde ao obxectivo de abranguer unha visión holística, ceibe, plural e apartidista de Galiza. O Ferrado traballa por ser a voz da Galiza coral, e para iso, como o trebello, que presenta diferentes medidas en cada recanto do país, recolle a obriga ética de representar todas as voces que conforman o pobo e que teñen a Galiza como a medida de todas as cousas. 

É tempo de que as novas xeracións escriban os vieiros da nosa historia. Con valentía, con talento e con orgullo de nación. Máis que ler.

contacto@oferrado.gal
Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad