Serxio María

Serxio María

Politólogo e historiador galego. Formouse na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en historia política e pensamento político contemporáneo. Desde setembro de 2024 exerce como profesor de Ciencia Política na Universidade de Vigo, onde desenvolve a súa actividade docente e investigadora. Os seus traballos céntranse no estudo do nacionalismo e do sistema político español. É autor do libro O pensamento político de Ramón Piñeiro e da edición comentada de Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco. Ademais, é articulista habitual en revistas científicas e culturais como Encrucillada e membro do seu Consello de Redacción. Tamén é membro do Padroado da Fundación Carlos Casares. Recibiu o Premio Alecrín 2024 de Investigación en Ciencias Sociais.

Da simplificación á complexidade: a nova política española

A política española camiña cara a un modelo máis fragmentado e plural, pero continúa gobernándose por unhas regras electorais pensadas para outro tempo. Mentres dereitas e esquerdas se reorganizan en bloques cada vez máis diversos, a cuestión xa non é só quen gañará as eleccións, senón se as institucións serán capaces de representar esa pluralidade sen reforzar aínda máis o poder das direccións partidarias.

As presidenciais portuguesas vistas dende a deputación provincial de Galicia

Este domingo hai eleccións presidenciais en Portugal e en Galicia parece que non o sabe ninguén. Todos coñecemos ao detalle as eleccións estadounidenses, por exemplo, pero poucos saberían nomear tres candidatos portugueses, aínda que o país viciño estea á volta da esquina. Revisamos as candidaturas desde unha ollada galega e poñemos o foco nas limitacións políticas coas que Galicia se pensa a si mesma.

A decadencia de occidente hoxe

Vivimos nunha crise do noso sistema de crenzas e valores que se estende globalmente. Debemos volver á propia definición da política para analizarmos a situación actual e as perspectivas de futuro.

18-F, estrutura e función

Análise das eleccións galegas do 18 de febreiro de 2024. A nova maioría absoluta do PPdG, o resultado histórico do nacionalismo e a case desaparición do PSdG. Novos retos cara 2028.

Galicia pode ser adulta

Galicia vota o 18 de febreiro, haberá moitas papeletas, mais o que realmente decidimos xuntos é se Galicia segue a ser a nena da morriña, ou a muller da afouteza. Imos alá.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad