Consello Editorial

Consello Editorial

Os artigos editoriais son froito do traballo conxunto e da discusión de ideas por parte do Consello Editorial.

Luís Pérez Barral (ex-alcalde de Ribeira): “O PP ofreceu diñeiro en 2023 aos concelleiros tránsfugas do PBBI a cambio de romper o acordo co BNG.”

O día 13 de outubro de 2025 aconteceu algo insólito: catro concelleiros tránsfugas do Partido Barbanza Independiente (PBBI), que formaban parte do goberno de Ribeira xunto co BNG, presentaron unha moción de censura contra o seu propio executivo. O obxectivo: apartar a Luís Pérez Barral (BNG) da alcaldía e devolver o poder ao PPdG, nun movemento que lembra as vellas estratexias do partido.

21 de febreiro: Día da Lingua Nai

Campaña do Ferrado para o 21 de febreiro, Día da Lingua Nai. O galego é a única lingua natural da Galiza. A nosa. Cómpre defendela a cada instante da nosa vida e berrar ben forte nunha data coma hoxe: NA GALIZA, EN GALEGO!

O Ferrado con Orgullo Galego

Tres integrantes do Consello Editorial do Ferrado (Pablo, Lucía e Noah) presentaron o colectivo e mais a revista O Ferrado aos compañeiros de Orgullo Galego. Alén da iniciativa tratáronse temas tales como a demotanasia da nación galega, a nova emigración, a inoculación do derrotismo por parte dos poderes fácticos e as alternativas de vangarda impulsadas polo colectivo para a recuperación dunha memoria históricamente deturpada e deliberadamente ocultada.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad