Conversa do Ferrado na RTVG no programa “Diario Cultural Zeta”.

 

Preme aquí para ver a conversa “O FERRADO COA RTVG”

O pasado 25 de Maio O Ferrado [oferrado.gal], participou no programa “Diario Cultural Zeta” da Radio Televisión de Galiza (RTVG). As presentadoras do programa, Lucía Junquera, Silvia López e Marta Coira, puxéronse en contacto cun dos fundadores da revista cultural, Pablo Diego, nunha conexión galaicosuiza. Durante a conversa falouse de política, historia, emigración, da fundación do Ferrado, do orixe do nome, e de moitos temas máis en chave nacional.

Seguiremos traballando para sermos no futuro os referentes que co seu sacrificio hoxe nos enchen de folgos para seguir loitando por esta idea chamada Galiza. Polos que foron, somos, e por nós, seremos. Desde O Ferrado agradecemos a Lucía, Silvia e Marta a súa interese así como á RTVG polo convite. Abeizoados de contribuir ao espallamento cultural galego.

Terra e saúde!

 

Cóntao ao mundo
Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad