Terceiro capítulo de #OFerradoNaHistoria con Serxio María sobre o Couto Mixto, unha república independente que durou ate o S. XIX na fronteira entre Galiza e Portugal. Historia e política do xurdimento, auxe e caída do Micro-Estado europeo dos Mixtos que a piques estivo de se converter nunha Andorra enclavada na PortuGaliza.
PREME AQUÍ PARA VER A CONVERSA “O COUTO MIXTO: O MICRO-ESTADO EUROPEO QUE FIXO FRONTEIRA CON GALIZA
Serxio María Rodríguez Álvarez (Ourense, 1996): Graduado en Dereito, Ciencias Políticas e mestre en Historia Contemporánea pola USC. Politólogo especializado en Historia do Pensamento Político e das Institucións.
No seu historial académico conta con estudos de investigación sobre nacionalismos, identidades, historia política e autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Carlos Casares e Ramón Piñeiro. Membro da Asociación de Amigos do Couto Mixto e activista cultural. Oriundo de Santiago dos Mixtos, aldea dos seus avós e bisavós e promotor da Iniciativa polo Couto Mixto que pretende a difusión da historia e patrimonio histórico e cultural do Couto.
#OFerradoNaHistoria – “O Couto Mixto”
Presentador: Pablo Diego Dios
Twitter da Iniciativa Polo Couto Mixto: @Dos_Mixtos
Twitter de Serxio María: @SerxioMaria
🎙️SEGUIDE AO FERRADO NAS RRSS🎙️
Axudarnos a seguir crecendo é ben sinxelo. Séguenos nas nosas redes sociais, fica a vontade de interaccionar connosco e lembra, O Ferrado é unha plataforma plural, agardamos as túas achegas en contacto@oferrado.gal
– Web: oferrado.gal
– Instagram: @oferrado.gal
– Twitter: @oferrado.gal
– Facebook: O Ferrado
– YouTube: O Ferrado
Terra e Saúde!