Teño a sensación de que perdemos máis dunha colleita

Esta é a historia do incendio de Larouco —o peor da historia de Galicia— contada a través da voz dun dos tres últimos habitantes de Alvaredos.

Esta é a historia do incendio de Larouco —o peor da historia de Galicia— contada a través da voz dun dos tres últimos habitantes de Alvaredos.

Galiza arde por un modelo forestal de monocultivo, abandono rural e terras sen xestión. O lume apágase no inverno: con bosques autóctonos, rural vivo e terra produtiva. Sen cambio profundo, o fume volverá cubrir o ceo.

Galicia vota o 18 de febreiro, haberá moitas papeletas, mais o que realmente decidimos xuntos é se Galicia segue a ser a nena da morriña, ou a muller da afouteza. Imos alá.

Esta nom é só a história de Camilo, o último sobrevivente galego da guerrilha antifranquista. É a triste crónica dumha família inteira, homes, mulheres e crianças que deram a sua vida para combater o fascismo. Nosso é o dever de lembrar e nunca esquecer.

Os montes do país agocharon a Guerrilla Antifranquista Galega, a primeira e máis forte resistencia contra o réxime franquista no Estado Español. O Ferrado presenta esta colección centrada nalgúns dos lugares, feitos e persoeiros máis senlleiros dun dos capítulos máis esquecidos e deturpados da nosa historia. A motriz desta achega histórico-política é: Primeiro, revelar que lonxe de ser submisa e cómplice, a Galiza amosou unha rebeldía afouta. Segundo, honrar a figura daqueles que por uns ideais foron á morte; e terceiro, ter unha voz galega que redescubra o pasado que se nos ocultou.

Terceiro capítulo d’ #OFerradoNaHistoria con Serxio María sobre o Couto Mixto, unha república independente que durou ate o S. XIX na fronteira entre Galiza e Portugal. Historia e política do xurdimento, auxe e caída do Micro-Estado europeo dos Mixtos que a piques estivo de se converter nunha Andorra enclavada na PortuGaliza.

O Eixo Litoral Atlántico representa unha cuarta parte da superficie total da Galiza, pero concentra o 75,6% da poboación e xera o 80% do PIB da nación.