O Ferrado co Bloque Nacionalista Galego. Conversa con Ana Pontón (Portavoz Nacional do BNG) e Ana Miranda (Eurodeputada no Parlamento Europeo).
PREME AQUÍ PARA VER A CONVERSA «O FERRADO CO BNG», CON ANA PONTÓN E ANA MIRANDA
A revista cultural O Ferrado [oferrado.gal] reuniuse con Ana Pontón (Portavoz nacional do BNG e líder da oposición da Xunta de Galiza) e con Ana Miranda (Eurodeputada no Parlamento Europeo, Vicepresidenta da Comisión de Peticións e membro da Comisión de Pesca), na cidade de Zúrich, na Confederación Helvética, no marco da serie de conversas #OFerradoNaPolítica.
Ana Miranda e Ana Pontón atopábanse na Suiza visitando a enorme diáspora galega alpina, composta por máis de 40.000 persoas, nunha viaxe marcada por actos cívico-culturais celebrados nas casas de Galicia, nos que tamén se reuniron con membros prominentes da emigración galega en Suiza como o profesor Luis Manuel Calvo Salgado ou o alcalde da cidade de Xenebra, o cormelán Alfonso Gómez.
Desde O Ferrado agradecemos a amabilidade amosada por Ana Pontón e Ana Miranda, accedendo e facilitando a conversa en Zúrich.
Da mesma maneira, enviamos as nosas beizóns a Francisco Nogueiras Marra, senlleiro membro da comunidade galega na Suiza cunha intensa promoción da cultura galega no exterior durante máis de 50 anos, quen nos cedeu as súas instalacións para a celebración da conversa.
#OFerradoNaPolítica – Conversa co BNG.
Invitados: Ana Pontón (Portavoz nacional do BNG e líder da oposición da Xunta de Galiza) e Ana Miranda (Eurodeputada no Parlamento Europeo).
Presentador: Pablo Diego Dios (Revista Cultural O Ferrado)
🎙️SEGUIDE O FERRADO NAS RRSS🎙️
Axudarnos a seguir crecendo é ben sinxelo. Espalla o noso contido, séguenos nas nosas redes sociais, fica a vontade de interaccionar connosco e lembra, O Ferrado é unha plataforma plural, agardamos as túas achegas en contacto@oferrado.gal
– Web: oferrado.gal
– Instagram: @oferrado.gal
– Twitter: @oferrado.gal
– Facebook: O Ferrado
– YouTube: O Ferrado
Terra e Saúde!