O Ferrado co Bloque Nacionalista Galego. Conversa con Ana Pontón (Portavoz Nacional do BNG) e Ana Miranda (Eurodeputada no Parlamento Europeo).
O pasado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, o actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tivo a desvergoña de afirmar publicamente que a chegada do rei emérito Juan Carlos I a Sanxenxo era unha fantástica nova que poñía a Galiza no mapa. Unha afirmación servil e indigna cara un prófugo da xustiza refuxiado nunha teocracia machista, imputado en innúmeros casos de corrupción, que supón unha falta de respecto cara esta nación chamada Galiza.