A nación incompleta

Galicia é unha mesa cunha soa pata: un país sen dereita nacionalista, e un BNG sobrecargado de contradicións por verse obrigado a cubrir en solitario todo o espectro político.

Galicia é unha mesa cunha soa pata: un país sen dereita nacionalista, e un BNG sobrecargado de contradicións por verse obrigado a cubrir en solitario todo o espectro político.

A política galega presenta unha singularidade difícil de atopar noutras nacións históricas do Estado. Mentres as dereitas e as esquerdas ocupan espazos claramente definidos, o galeguismo político continúa limitado a unha parte do taboleiro ideolóxico. A partir dunha reflexión de Antón Vidal, este artigo analiza as consecuencias dunha Galicia politicamente galega, pero non necesariamente galeguista.

Apresentamos unha análise da proposta da Xunta para actualizar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: novidades positivas, mais tamén menos compromisos concretos, menos garantías e máis voluntariedade. Avance ou retroceso?

O día 13 de outubro de 2025 aconteceu algo insólito: catro concelleiros tránsfugas do Partido Barbanza Independiente (PBBI), que formaban parte do goberno de Ribeira xunto co BNG, presentaron unha moción de censura contra o seu propio executivo. O obxectivo: apartar a Luís Pérez Barral (BNG) da alcaldía e devolver o poder ao PPdG, nun movemento que lembra as vellas estratexias do partido.

A mocidade metida en política está podre: máis pendente do soldo que de Galicia. Partidismo, endogamia e egos desatados en NNXX, Galiza Nova e as Xuventudes Socialistas, neste sistema que expulsa a quen realmente quere servir ao país.

Neste tempo de falta de fe cristiá, hai quen substitúe a misa pola celebración litúrxica da manifestación. Compostela serve así de ponte simbólica entre ambos mundos. Santiago de Compostela, cidade devota de seu, acolle non poucos domingos e certas datas…

O BNG debe deixar de ser só oposición e converterse nunha alternativa real, demostrando que está preparado para gobernar Galicia.

Entrevista con Kevin González, concelleiro do BNG e fillo de Fernando González, engraxador e un dos tripulantes desaparecidos do 'Vila de Pitanxo'.

A chegada da Altri a Palas de Rei ameaza á Ulloa. Urxe unha nova ordenación forestal estratéxica que conxugue ecoloxismo e desenvolvemento.

Xosé Manuel Beiras é unha das figuras máis senlleiras da Galicia contemporánea. Falar con el é falar coa historia viva do país. Desde a súa casa en Brión compartiu reflexións sobre a súa vida e legado. Unha conversa que explora o pensamento dun líder irrepetíbel.

A clase media esvaécese, o paro xuvenil dispárase e a mocidade non pode nin soñar con independizarse. Ante o silencio da esquerda, a ultradereita xorde como a única alternativa para moitos.

Kamala Harris e o Partido Demócrata non se deron conta de que Internet non é a vida real. E os que máis alto berran en X non adoitan representar a maioría do país.

Logo de que O Ferrado publicara un artigo de Daniel Chapela, coordinador de cultura do PPdeG, os hooligans da política acusáronnos de "deriva dereitista" e de ser o "órgano rexionalista do Partido Popular".

Neste artigo proponse unha crítica ás eivas do actual soberanismo: unha progresiva dereitización derivada da aposta por centrar todos os esforzos no terreo electoral. Como contrapunto, situamos a independencia política de clase como un necesario primeiro paso fronte ás limitacións políticas do movemento soberanista galego.

Os resultados do 18-F non han de sorprendernos. O BNG non é capaz de permear no rural de Galicia. O PPdeG é un paisano máis da parroquia. Vai á misa, acode ao velorio, está na comunidade de montes, na comisión de festas e nas romaxes. Entre tanto, as xuventudes do Bloque cantan a viva voz: "Imos queimar a Conferencia Episcopal por machista e patriarcal".

Nunca se viron tantas monxas e mariscadoras votando o PPdeG. Máis de 700.000. Elas ou… unha esquerda a tratar os votantes de imbéciles. Velaí unhas chaves para lermos a Galicia de hoxe.

Análise das eleccións galegas do 18 de febreiro de 2024. A nova maioría absoluta do PPdG, o resultado histórico do nacionalismo e a case desaparición do PSdG. Novos retos cara 2028.

As eleccións do 18 de febreiro poden redefinir o futuro de Galicia. A sorte será crucial, e no caso de gobernar o BNG talvez cambie o país para sempre. Ás veces, un golpe de azar inaugura un tempo novo. Estamos ante unha oportunidade histórica para termos un país diferente.

O vindeiro 18 de febreiro Galicia decidirá o seu futuro. Catro anos despois o panorama semella o mesmo: unha nova maioría absoluta do PPdG ou a apertura dun novo tempo liderado polo BNG. Dous camiños radicalmente diferentes. O pobo galego transitará só por un deles, definindo o País que ven e o que queremos ser. Pero por que outra vez nesta situación, por que unhas novas eleccións e o mesmo panorama? Talvez haxa outra Galicia, outra que se pregunta iso mesmo.

O Ferrado co Bloque Nacionalista Galego. Conversa con Ana Pontón (Portavoz Nacional do BNG) e Ana Miranda (Eurodeputada no Parlamento Europeo).