O Ferrado conversa co alcalde de Porto (Alta Seabra), coa asociación unionista e provincialista “Defensa Berciana” e coa Plataforma 102, integrante da Revolta da España Baleirada, no marco da segunda edición d’ #OFerradoNaPolítica, cunha nova parola sobre a “GALIZA ESTREMEIRA“.
PREME AQUÍ PARA VER A CONVERSA «A GALIZA ESTREMEIRA» Co Alcalde de Porto, Defensa Berciana e a Plataforma 102.
A “Galiza Estremeira” é o termo referido para designar aos territorios galegofalantes e culturalmente vencellados a Galiza que na actualidade atópanse fóra das fronteiras galegas baixo administración de Castela e León e Asturias.
Outro termo empregado para referirse ás terras estremeiras é o de “País Irredento”. Irredento quere dicir “aquilo que está sen redimir”, unha redención que por razóns étnicas, culturais e históricas, pasa necesariamente pola reintegración nun único corpo nacional. Sempre, claro está, acadada pola propia poboación irredenta.
As terras estremeiras galegas teñen unha fortísima unión lingüística, cultural e tradicional co país, existindo arredor delas unha reivindicación histórica viva de pertenza á cultura galega que nalgúns casos loita pola reincorporación do seu territorio a Galiza.
A Faixa Leste está formada por 50 concellos que compoñen unha poboación galegofalante aproximada de 70.000 habitantes repartidos nas seguintes comarcas: Eo-Navia, Vale do Ibias, o Bierzo, Cabreira e Seabra, con vilas tan importantes en termos históricos como: Tapia de Casariego, Castropol, Santiso de Abres, Navia, A Veiga-Vegadeo, Ibias, A Ponte de Domingos Flórez, Ponferrada, Vilafranca do Bierzo, Hermesinde, Lubián, Pobra de Seabra ou Porto.
Desde O Ferrado louvamos a amabilidade amosada polos participantes da parola: Francisco Blanco (Alcalde de Porto), a Asociación Defensa Berciana e a Asociación Plataforma 102.
• Francisco Blanco: Alcalde da vila de Porto, na comarca de Alta Seabra (As Portelas). Porto atópase ao abeiro do Parque Natural do Lago de Seabra, o maior lago glaciar de España. A 1.200m é tamén o concello de maior altitude da provincia.
• Asociación Defensa Berciana: Colectivo provincialista e unionista berciano que recolle a testemuña do anseio común de boa parte do pobo do Bierzo, a creación da “Quinta”.
• Plataforma 102: Membro da Agrupación de Asociacións da Revolta da “España Baleirada”. Promotores de actos reivindicativos como o tanxer de campás en máis de 100 pobos de Zamora xunto coa Asociación de Campaneiros Zamoráns, denunciando o desleigo das administracións na loita contra a despoboación e reclamando unha maior inversión nos pobos para a súa supervivencia.
#OFerradoNaPolítica – “A Galiza Estremeira”.
Invitados: Francisco Blanco (Alcalde de Porto), Asociación Defensa Berciana e Plataforma 102.
Presentador: Pablo Diego Dios (Colectivo O Ferrado)
🎙️SEGUIDE AO FERRADO NAS RRSS🎙️
Axudarnos a seguir crecendo é ben sinxelo. Séguenos nas nosas redes sociais, fica a vontade de interaccionar connosco e lembra, O Ferrado é unha plataforma plural, agardamos as túas achegas en contacto@oferrado.gal
– Web: oferrado.gal
– Instagram: @oferrado.gal
– Twitter: @oferrado.gal
– Facebook: O Ferrado
– YouTube: O Ferrado
Terra e Saúde!