O Ferrado con Orgullo Galego

Tres integrantes do Consello Editorial do Ferrado: Pablo, Lucía e Noah, presentaron o colectivo e mais a revista O Ferrado cos compañeiros de Orgullo Galego. Alén da iniciativa tratáronse temas tales como a demotanasia da nación galega, a nova emigración, a inoculación do derrotismo por parte dos poderes fácticos e as alternativas de vangarda impulsadas polo colectivo para a recuperación dunha memoria históricamente deturpada e deliberadamente ocultada.

PREME AQUÍ PARA VER A CONVERSA DO FERRADO CON ORGULLO GALEGO

Ao longo de case dúas horas, dispoñíbeis na versión extendida da entrevista na canle de Orgullo Galego, O Ferrado amosou as frontes culturais na loita pola dignificación e respecto da Galiza, a súa idiosincrasia e lingua.

Pablo Diego Dios previamente conversara con Orgullo Galego sobre antropoloxía galega e relixiosidade no marco da publicación da súa novela «Alén», gañadora do Premio á Preservación da Lingua e a Cultura Galega. Video dispoñíbel aquí.

Noah Chichester: Estadounidense divulgador da lingua e da cultura galega. Colaborador do «Correo Gallego» e do programa da TVG «Dígocho Eu». Viviu 4 anos en Galiza, tempo abondo para aprender o noso idioma (cun nivel abraiante) e apaixoarse pola historia e cultura do país.

Lucía Rodríguez: Creadora do proxecto de divulgación «O Argueiro dos Ancares», dinamizadora do mundo rural e membro fundadora da «A.V. Irmandade Naviega», a «Asociación Ser» e a «A.C Rente ao Couce».

Índice:

* Que é O Ferrado?: 00:01
* Por que O Ferrado?: 08:24
* A galeguidade alén da terra: 10:08
* A metodoloxía do Ferrado: 12:03
* A vida nas Serras Orientais: 15:47
* A descuberta da identidade galega para un americano: 17:14
* A emigración da mocidade galega: 20:35
* A serie da «Guerrilla Antifranquista Galega»: 29:11
* Os maiores éxitos do Ferrado en 2022: 34:29
* O galego nas RRSS: 41:19
* O derrotismo: 42:06
* O auto-odio: 45:16
* Os/as creadores/as de contido en galego: 49:14
* Que lle dirías a unha persoa para animala a falar galego: 50:40

Desde o Consello Editorial do Ferrado dexesámosvos Terra e Saúde!

📅 Emitido o mércores 11 de xaneiro de 2023 ás 21h30 en Orgullo Galego Televisión.

Cóntao ao mundo
Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad