O Ferrado con Orgullo Galego
Tres integrantes do Consello Editorial do Ferrado (Pablo, Lucía e Noah) presentaron o colectivo e mais a revista O Ferrado aos compañeiros de Orgullo Galego. Alén da iniciativa tratáronse temas tales como a demotanasia da nación galega, a nova emigración, a inoculación do derrotismo por parte dos poderes fácticos e as alternativas de vangarda impulsadas polo colectivo para a recuperación dunha memoria históricamente deturpada e deliberadamente ocultada.