#OFerradoNaPolítica: “O PP DA BOINA”, o sector nacionalista do PPdG – Con Jorge Cubela e Iván Caamaño

O Ferrado conversa con Iván Caamaño e Jorge Cubela, a ala máis galeguista do PPdG.

 

PREME AQUÍ PARA VER A CONVERSA “O PP DA BOINA” con Jorge Cubela e Iván Caamaño

O “PP da Boina” é o termo historicamente referido para designar aos líderes populares máis achegados ao pobo, en confrontación coa elite urbanita, coñecida como “PP do Birrete”. O “PP da boina” é o PP máis vencellado ao mundo rural, á lingua e ao galeguismo clásico de dereitas. Figuras coma Xosé Cuíña, Miguel Santalices, Xosé Manuel Barreiro ou Pedro Puy.

O galeguismo do PP, ese “PP da Boina”, foi inaugurado e impulsado por Manuel Fraga a través do concepto de autoidentificación. Asumindo na Asemblea do PP de Galicia do 24 de abril de 1991 un “nacionalismo co límite da autodeterminación”.

Desde ese momento o PP de Galicia comezou unha postura política abertamente nacionalista, traendo o cadaleito de Castelao no 1984, honrando aos políticos independentistas de preguerra, e dándose baños de masas en romarías e festas de reafirmación galeguista que incidían na reclamación da lingua e do feito diferencial.

Esas políticas chegan até a actualidade con personalidades do PP de Galicia e actos recentes coma a designación de Feijóo do PP de Galicia o 11 de maio de 2019 como partido “galeguista”; a asistencia por primeira vez na historia de Jacobo Moreira ao acto da Galiza Mártir en lembranza do fusilado Alexandre Bóveda na Caeira, en Pontevedra ou o uso do mapa da Galiza de Nós-UP na propaganda política do PPdG.

O Ferrado contou nesta fundacional serie de conversas con dúas persoas sucesoras do PP da Boina, Jorge Cubela e Iván Caamaño.

J. Cubela foi elixido no ano 2011 con 22 anos como o rexedor máis novo de toda España. Gañou a alcaldía de Cotobade e tivo que afrontar numerosos retos nestes anos, derivados da unificación dos concellos de Cerdedo e Cotobade no ano 2016. Algo extremadamente difícil en núcleos rurais historicamente diferenciados, compostos por lindes que mesmo incluían partidos xudiciais extintos como Caldevergazo ou territorios antano pertencentes a outros concellos como A Lama.

Iván Caamaño, pola súa banda, foi elixido con tamén só 22 anos como líder do PP de Catoira. Durante o seu mandato fixo fronte aos enormes problemas do ano 2019 derivados da transición de Alberto García García, quen levaba sendo alcalde polo PSdG desde antes que el nacera. A través do liderado de Caamaño o PP de Catoira asinou en 2019 un pacto histórico co BNG, para logo rompelo en aras de aliarse co home que xurara combater.

#OFerradoNaPolítica – Conversa con Jorge Cubela e Iván Caamaño.

Invitados: Jorge Cubela (Alcalde de Cerdedo-Cotobade) e Iván Caamaño (Presidente da Corporación Municipal do PP de Catoira).

Presentador: Pablo Diego Dios (Colectivo O Ferrado)

🎙️SEGUIDE O FERRADO NAS RRSS🎙️
Axudarnos a seguir crecendo é ben sinxelo. Séguenos nas nosas redes sociais, fica a vontade de interaccionar connosco e lembra, O Ferrado é unha plataforma plural, agardamos as túas achegas en contacto@oferrado.gal

– Web: oferrado.gal
– Instagram: @oferrado.gal
– Twitter: @oferrado.gal
– Facebook: O Ferrado
– YouTube: O Ferrado

Terra e Saúde!

Cóntao ao mundo
Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad