Finalizando o mestrado en arte libre da Kungliga Konsthögskolan de Estocolmo, facendo esculturas, instalacións, performances e videos. Músico independente e autoproducido, autor dos albums XAGUE1, XAGUE2 e Breve Noctuario Galego. Tamén poeta. Colaborador e cofundador do espazo cultural e colectivo artístico Cantam808, xunto as artistas Noa Costas e Víctor Soho.
Hai unha pedra en Muxía que lle chaman de abalar, mais que eu nunca vin moverse. Vin xente subir co xesto de saltar, pode que para intentar que fixese ruído ou buscar un son co que identificarse.
Temos un espazo entre as imaxes coas que nos achegamos á Galiza e as experiencias que buscan representar. Como se traslada isto á lingua? Como facemos que esta distancia non nos desenfoque?
Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.