Rodri Suárez

Rodri Suárez

Xornalista e asesor político galego. Dirixiu a sección de deportes de La Opinión A Coruña, e o apartado de política do Xornal de Galicia. Ten colaborado en medios como DxT Campeón, A Nosa Terra, Galicia Confidencial, Radio Coruña, Diagonal, Luzes de Galiza, Sermos Galiza, Localia, El País, Cope Galicia, e El Ideal Gallego. Desde o ano 2015 actuou como asesor de alcaldía no Concello da Coruña de Xulio Ferreiro primeiro e, comezando en 2020, da acaldesa socialista Inés Rey. É autor das obras "Non temos medo" (Nicetrip, 2014) e "Galicia Reducida: Crítica ao marco conservador e centralista do autogoberno galego" (Morgante, 2024). Tamén foi letrista dos temas dos Diplomáticos de Monte-Alto: "O son das túas ondas. Homenaxe ao Deportivo da Coruña" e "Lume de biqueira", incluída no disco "Capetón" e no compilatorio "Selección Xa!"
Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad