A nación incompleta

Galicia é unha mesa cunha soa pata: un país sen dereita nacionalista, e un BNG sobrecargado de contradicións por verse obrigado a cubrir en solitario todo o espectro político.

Galicia é unha mesa cunha soa pata: un país sen dereita nacionalista, e un BNG sobrecargado de contradicións por verse obrigado a cubrir en solitario todo o espectro político.

Nun contexto marcado pola tensión entre tradición e modernidade, a fala preséntase como unha ferramenta esencial para construír identidade, fortalecer o diálogo e afrontar os desafíos presentes e futuros de Galicia. Unha reflexión sobre a necesidade de comunicarnos para definir quen somos e quen queremos chegar a ser.

A política galega presenta unha singularidade difícil de atopar noutras nacións históricas do Estado. Mentres as dereitas e as esquerdas ocupan espazos claramente definidos, o galeguismo político continúa limitado a unha parte do taboleiro ideolóxico. A partir dunha reflexión de Antón Vidal, este artigo analiza as consecuencias dunha Galicia politicamente galega, pero non necesariamente galeguista.

As ameixas de Carril non son só un produto emblemático de Galicia, senón o resultado dun equilibrio delicado entre río e mar, coñecemento transmitido durante xeracións e coidado constante do territorio. Un inverno de choivas extremas, a xestión dos encoros e a falta de protocolos puxeron en risco non só o marisqueo, senón tamén unha forma de vida enteira.

Como emigrante galego en Suiza, entendo o referendo para limitar a poboación aos 10 millóns de habitantes. O malestar social non nace dun “virus” de extrema dereita. Nace dunha globalización sen límites que uniformiza territorios e converte as identidades en souvenirs de escaparate.

Unha crónica íntima dos inicios de O Ferrado: como naceu, como se foi facendo comunidade e por que segue medrando sen perder o eixo. Cultura, territorio, lingua plural e ansias de verdade.

Este domingo hai eleccións presidenciais en Portugal e en Galicia parece que non o sabe ninguén. Todos coñecemos ao detalle as eleccións estadounidenses, por exemplo, pero poucos saberían nomear tres candidatos portugueses, aínda que o país viciño estea á volta da esquina. Revisamos as candidaturas desde unha ollada galega e poñemos o foco nas limitacións políticas coas que Galicia se pensa a si mesma.

O mundo cambia ao noso arredor, pero Europa é incapaz de dar resposta. Como galegos non só podemos involucrarnos, senón que debemos responder ao chamado urxente do “federalismo pragmático”.

A UE recorta fondos clave para Galicia mentres despreza a súa lingua. Que significa ser europeo desde unha ollada galega e crítica?

España debe avanzar cara a un modelo que recoñeza a súa plurinacionalidade. Neste artigo propóñense claves para construír un Estado federal.

Kamala Harris e o Partido Demócrata non se deron conta de que Internet non é a vida real. E os que máis alto berran en X non adoitan representar a maioría do país.

Dous mil anos de cristianismo en Galicia practicamente definiron o que significa ser galego. Se os galegos abrazamos con orgullo a quen nos fixo –e nos fai– libres, non haberá inverno para esta lingua das mil primaveras.

O presente e o futuro da lingua está nas nosas mans. O galego como a lingua de Rosalía, mais tamén dos nosos netos. Debémosllelo. É deles.

Como é posible que Ana Pontón, que se vende como a máxima defensora de Galicia, se asocie con quen nos prexudica e con quen pretende restarnos recursos? Isto é ser, no fondo, unha defensora de Hacendado.

Abonda que a UE sexa a nosa ruína. As liñas que seguen amosan a potencialidade do noso país co gallo das Eleccións Europeas do 2024.

Sementar avea en Trabada e alfalfa na Guarda, facer rotacións e barbeitos e Deus sabe que máis fará falta para poder cobrar a nova PAC. A outra opción é que os galegos decidamos que queremos para o noso rural.

Europa fíxose peregrinando a Santiago. Hoxe en día, tendo en conta as conexións de tren co norte do Estado e mais con Portugal, a peregrinaxe segue a ser a mellor opción. Mentres o ministro profire sons guturais, o país demanda que apostemos aínda máis pola autoidentificación nacional.