
Umha mulher de compromisso, exemplo da guerrilha da chaira galega. Manuela López Suárez e Manuela Sánchez, a mulher real e o mito, eis a sua história.

A vida dunha nai e tres irmás que combateron o fascismo. Unha mestura de amor, vinganza e ideais para lembrarnos das que nunca deberon ser esquecidas.

Enriqueta Otero, María das Dores para os seus camaradas. A derradeira guerrilleira galega. Unha vida consagrada á idea de Galiza.

Guerrilheiras sem rosto e sem nome, duplamente silenciadas por luitarem contra o franquismo e por serem mulheres. Esta é a história de Clarisa.

De como a estrofa dunha canción pode provocar o exilio e a cadea. De como uns pontevedreses, tras 40 anos de silencio, volven entonar esa estrofa a berro limpo. De como se pode, en definitiva, pasar a formar parte da historia nacional dun país.

Morto O Piloto, morre co seu corpo todo un vello inimigo do franquismo. Para moitos e moitas, un símbolo da loita comunista e popular. Un líder da resistencia. Un heroe do
que se contaban historias aos cativos nas vilas. Un liberador. Para outros tantos, un porco asasino e traidor comunista. En ambos casos, un persoeiro eterno.

Non só lenda, senón tamén historia. A loita e o sacrificio de quen construíron, habitaron e defenderon até a morte este poboado guerrilleiro non deben caer no esquecemento. Esta é a Guerra Civil que non rematou no 1939.

Esta nom é só a história de Camilo, o último sobrevivente galego da guerrilha antifranquista. É a triste crónica dumha família inteira, homes, mulheres e crianças que deram a sua vida para combater o fascismo. Nosso é o dever de lembrar e nunca esquecer.

Um dos combatentes mais famosos da guerrilha antifranquista, aquele que se disfarçava de crego para poder olhar ao seu querido Deportivo e que conseguiu fugir das forças franquistas tres lustros, luitador pola liberdade. Esta é umha breve escolma da sua história; Benigno Andrade, O Foucelhas.