Entrevista a Rodri Suárez co gallo da publicación da súa obra “Galicia Reducida - Crítica ao marco conservador e centralista do autogoberno galego” (Morgante Edicións).
Galicia vota o 18 de febreiro, haberá moitas papeletas, mais o que realmente decidimos xuntos é se Galicia segue a ser a nena da morriña, ou a muller da afouteza. Imos alá.
Os montes do país agocharon a Guerrilla Antifranquista Galega, a primeira e máis forte resistencia contra o réxime franquista no Estado Español. O Ferrado presenta esta colección centrada nalgúns dos lugares, feitos e persoeiros máis senlleiros dun dos capítulos máis esquecidos e deturpados da nosa historia. A motriz desta achega histórico-política é: Primeiro, revelar que lonxe de ser submisa e cómplice, a Galiza amosou unha rebeldía afouta. Segundo, honrar a figura daqueles que por uns ideais foron á morte; e terceiro, ter unha voz galega que redescubra o pasado que se nos ocultou.
O Eixo Litoral Atlántico representa unha cuarta parte da superficie total da Galiza, pero concentra o 75,6% da poboación e xera o 80% do PIB da nación.
Lucía Rodríguez (O Argueiro dos Ancares) fai unha reflexión do despoboamento do rural e do descoñecemento desta realidade nas cidades. Falta de servizos e falta de xente, o bucle infinito do que semella difícil saír. Hai causas e consecuencias pero tamén esperanza e ilusión por ver un novo renacer.