A importancia da fala

Nun contexto marcado pola tensión entre tradición e modernidade, a fala preséntase como unha ferramenta esencial para construír identidade, fortalecer o diálogo e afrontar os desafíos presentes e futuros de Galicia. Unha reflexión sobre a necesidade de comunicarnos para definir quen somos e quen queremos chegar a ser.

Deixar de ser: a globalización destrúe as identidades

A globalización, a través das súas consecuencias —migracións masivas, turistificación, xentrificación e neoliberalismo— erradica linguas, culturas e pobos. Chamámoslle progreso, pero é un xenocidio cultural: o camiño cara un mundo común ao prezo de deixar de ser quen somos.

Pisando a pandemia

Logo da pandemia, no corazón das Rías Baixas, un norteamericano participa na vendima dunha familia galega. Entre acios, albariño e risas, descobre que facer viño é moito máis ca iso: é facer país, tecer comunidade . É embotellar un intre fermoso, suspendido no tempo.

A derradeira queimada no Cachivache

O caso do Cachivache é unha excepción da regra: pechou antes da pandemia. Pero non antes de facer unha última queimada. Neste ensaio escribo unha homenaxe ao bar coruñés que me acolleu ao chegar a Galiza e onde comezou a miña historia de amor pola lingua e a cultura galega.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad