A Demotanasia da Nación Galega – A estrela no horizonte: Políticas para reverter o problema

A “Demotanasia da Nación Galega” é unha colección científico-divulgativa do Ferrado composta por seis facsímeis que amosan novas chaves e perspectivas respecto da enorme problemática que supón a demotanasia e o consecuente etnocidio da nación galega.
Exposta no Congreso de Demografía da UCM, ao longo da colección analizaranse as orixes, a evolución e o impacto da cuestión nacional máis crucial que afronta Galiza.

 A DEMOTANASIA DA NACIÓN GALEGA

Facsímile 6 de 6: «A estrela no horizonte: Políticas para reverter o problema». Este artigo correspóndese coa sexta edición da colección «A Demotanasia da Nación Galega«. Recomendámoslle, para unha lectura e comprensión axeitada, ler todas as entregas que a compoñen. Todas as referencias bibliográficas están dispoñíbeis para consulta nesta derradeira entrega.

Imaxe que ilustra a colección: “Neno de Lalín”, 1926. Ruth Matilda Andersen

 

A ESTRELA NO HORIZONTE: POLÍTICAS PARA REVERTER O PROBLEMA

De forma inmediata debe modificarse o modelo forestalista monocultivo iniciado hai 80 anos, consolidado na década de 1990 e impulsado pola presidencia de A. N. Feijóo. O modelo eucaliptal, promovido pola celulosa ENCE, asasina o rural. Emprega inxentes cantidades de territorio para a plantación e inmediata tala da especie oceánica, que á súa vez erosiona e seca os solos, destrúe as variedades autóctonas do bosque nobre galaico (Carballo, Castiñeiro, Bidueiro, Sabugueiro…), e favorece enormemente os incendios que asolan ano tras ano a comunidade. É unha explotación neocolonial que asegura o pan para hoxe e a fame para mañá, tendo as institucións que dobregarse ante as esixencias de ENCE e ELNOSA, que, ademais de contaminar o aire e realizar vertidos na ría, controlan grande parte das comunicacións galegas (especialmente o porto de Marín).

Debe valorizarse a forma de vida rural, a agricultura e a gandería, xerando máis espazo para as actividades do sector primario, que son aquelas que asentan poboación. De nada serve que as mulleres teñan moitos fillos se as políticas natalistas non van necesariamente acompañadas doutras que favorezan o estabelecemento no territorio. As persoas que abandonan a nación son novas e altamente cualificadas, un capital humano que non sobra. Deben facerse atractivos os espazos rurais para atraer emprego e asentamento.

A forma de facer máis atractivos ditos espazos pasa necesariamente por facilitar o acceso a terras, aumentar o solo agrario utilizado (SAU), cuxo índice é o máis baixo de Europa, e, de xeito prioritario, inmediato e primordial, mellorar as comunicacións entre as grandes cidades, as vilas e os puntos de chegada e partida da comunidade. Isto implica necesariamente a creación de novas liñas férreas que comuniquen os núcleos poboacionais, a gratuidade da columna vertebradora territorial, a autoestrada AP-9, que actualmente ten o demérito de ser a máis cara de Europa (Sánchez, 2019) e a remodelación das estradas secundarias.

A repoboación pasa ineludibelmente pola comunicación. Nun mundo tan extremadamente globalizado, se o que se pretende é o establecemento dunha poboación nova, activa e dinámica, debe facerse do rural un polo o suficientemente moderno e conectado como para convertelo nun receptor susceptíbel de traballo e asentamento.

 

CONCLUSIÓN

A cronoloxía poboacional da Galiza pódese resumir en tres momentos: 1) Poboación eminentemente rural e ruralizada, onde o sector primario agrupaba á inmensa maioría da poboación; 2) Concentración en cidades e vilas tradicionais; e 3) O posterior agrupamento na bisbarra das áreas metropolitanas como consecuencia da periurbanización.

O lapso temporal de 1950 ao ano 2000 supón o máis intenso período de despoboamento como consecuencia dun éxodo agrario sen precedentes na historia da Galiza. E na actualidade, o período sucesivo ao século XXI consolida a perpetuación das tendencias que se veñen arrastrando dende hai dous séculos.

A demotanasia galega está sumida nunha dicotomía. Unha Galiza interior, rural e de montaña, inmersa nun proceso acelerado de despoboamento e desertización demográfica, fronte a un Eixo Atlántico que concentra o esencial do crecemento, onde a autoestrada AP-9 actúa como unha avenida interurbana que empobrece ao mesmo tempo as Provincias Orientais ao tempo que conecta e cataliza o dinamismo socioeconómico do litoral.

De manterse as estatísticas (todo indica que non só se manterán, senón que empeorarán, e con máis incidencia aínda se cabe tras a crise da COVID-19), Galiza no ano 2030 terá un 5% menos de residentes que na actualidade. Haberá tres anciáns por cada neno e a esperanza de vida ao nacer acadará os 85,12 anos. Pasará a ter 2.517.136 habitantes e unha media de 1,08 fillos por muller. Un desastre poboacional que debe cualificarse de etnocidio.

A situación esixe solucións inminentes, actuar antes de que sexa demasiado tarde, porque das nosas actuacións presentes dependerá o futuro dunha nación milenaria.

 

REFERENCIAS:

  1. Andrade, A (2015): Galicia: un cuarto de siglo liderando la caída de población en España, 4 de enero, [Consulta en 09/12/2020], dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/01/04/galicia-cuarto-siglo-liderando-caida-poblacion-espana/0003_201501G4P6991.htm
  2. Beiras, X.M (1969): “Do atraso económico da Galiza”, Ed. Laiovento, Compostela.
  3. Cheda, M (2014): El 86 % de los concellos pierden vecinos, La Voz de Galicia, 2014, [Consulta en 08/12/2020], dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/12/23/86-concellos-pierden-vecinos/0003_201412G23P34991.htm
  4. Cheda, M (2015): En Galicia mueren cada día 28 personas más de las que nacen, La Voz de Galicia, 23 de junio, [Consulta en 11/12/2020], dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/06/23/galicia-mueren-dia-28-personas-nacen/0003_201506G23P9991.htm
  5. Editorial (2013): El nuevo censo refleja la pérdida de población en un año en 267 ayuntamientos, La Voz de Galicia, 31 de diciembre, [Consulta en 07/12/2020], dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/12/31/nuevo-censo-refleja-perdida-poblacion-ano-267-ayuntamientos/0003_201312G31P10992.htm
  6. Editorial (2015): Se acelera el envejecimiento de la población gallega mientras disminuye la natalidad y la fecundidad es de 1,1 hijos por mujer, El Correo Gallego, 28 de abril, [Consulta en: 10/12/2020], dispoñíbel en: https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/acelera-envejecimiento-poblacion-gallega-mientras-disminuye-natalidad-fecundidad-es-1-1-hijos-mujer-FPCG928872
  7. Editorial (2020): El Papel de la Emigración, Consello da Cultura [Consulta en 07/12/2020], dispoñíbel en: http://consellodacultura.gal/cdsg/loia/historia.php?idioma=3&id=93
  8. Guntín, M (2020): En 2035, Lugo habrá perdido el 10 % de su población y hasta entonces, nacerán 22.000 niños, pero morirán 71.000 personas, La Voz de Galicia, 7 de enero, [Consulta en 12/12/2020], dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2020/12/06/2035-lugo-habra-perdido-10-poblacion-naceran-22000-ninos-moriran-71000-personas/00031607285007343380947.htm
  9. Labrador y Moragón (2013): Despoblamiento y desertificación demográfica en Galicia. Revista Minius, nº21 pp. 155-176.
  10. Labrador, A. J (2010): Cartografía del despoblamiento en Galicia a escala parroquial. La Galicia Occidental. Revista de Investigación en Educación, nº8, pp. 39-54.
  11. Otero y Docampo (2007): El rural gallego: contrastes y nuevas tendencias de asentamiento. IX Congreso Español de Sociología, Barcelona.
  12. Pazo y Moragón (2018): El despoblamiento en Galicia: la visualización de la catástrofe. Revista de estudios sobre despoblación y desarrollo rural. Ager. Pp. 123-154.
  13. Punzón, C. (2019): Galicia perdió en solo diez años a todos los vecinos de 1.240 núcleos, La Voz de Galicia, 30 de marzo, [Consulta en 07/12/2020], dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/01/18/galicia-perdio-solo-diez-anos-vecinos-1240-nucleos/0003_201401G18P14996.htm
  14. Punzón, C (2013): Galicia está por primera vez por debajo del 6 % del censo de España en La Voz de Galicia, 15 de marzo, [Consulta en 07/12/2020], Dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/15/galicia-primera-vez-debajo-6-censo-espana/0003_201305G15P4995.htm
  15. Punzón, C (2013): Un total de 25.500 personas se fueron de Galicia en el 2012, La Voz de Galicia, 26 de junio, [Consulta en 07/12/2020], dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/26/25500-personas-fueron-galicia/0003_201306G26P7991.htm
  16. Pérez, R (2020): De como a Galiza virou cara ao Atlántico. Nós Diario, sexta feira 30 de outubro de 2020. Nº 216, [Consulta en 10/12/2020]
  17. Sabarís, X (2020): Así se desangrou o interior do país. Nós Diario, sexta feira 30 de outubro de 2020. Nº 216, [Consulta en 10/12/2020]
  18. Sánchez, S (2019): “La subida de la AP-9 sitúa a Galicia como el lugar con el peaje más caro de Europa” en Europa Press, a 5 de enero [Consulta en: 15/12/2020], dispoñíbel en: https://www.elidealgallego.com/articulo/galicia/subida-ap-9-situa-galicia-lugar-peaje-mas-caro-europa/20190104214120393850.html
  19. Varela, M (2020): El envejecimiento se cuela ya entre las principales preocupaciones de los gallegos, La Voz de Galicia, 27 de enero, [Consulta en 07/12/2020], dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/01/26/envejecimiento-cuela-principales-preocupaciones-gallegos/00031580068695655844149.htm
  20. Ventoso, L (2014): De cómo Cataluña se volvió rica y Galicia, pobre, ABC, 11 de febrero, [Consulta en: 07/12/2020], dispoñíbel en: https://www.abc.es/espana/20140210/abci-como-cataluna-volvio-rica-201402100444.html
  21. Vilar, M (2020): “Así será la Galicia del año 2030”, La Voz de Galicia, 1 de noviembre, [Consulta en 07/12/2020], dispoñíbel en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/10/26/sera-galicia-ano-2030/00031603731915846151428.htm

 

 

Cóntao ao mundo
Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad