Como me lembro daquel bar!

Entre cubatas baratos e longas conversas nun mítico bar de Pontevedra naceu unha idea: deixar por escrito as inquedanzas dunha xeración. Así, entre amigos e debates infinitos sobre Galiza, comezou a historia de O Ferrado.

O día 13 de outubro de 2025 aconteceu algo insólito: catro concelleiros tránsfugas do Partido Barbanza Independiente (PBBI), que formaban parte do goberno de Ribeira xunto co BNG, presentaron unha moción de censura contra o seu propio executivo. O obxectivo: apartar a Luís Pérez Barral (BNG) da alcaldía e devolver o poder ao PPdG, nun movemento que lembra as vellas estratexias do partido.

Ao longo dos tempos, xeracións de homes e mulleres foron a vangarda cultural motriz do movemento da Galiza no decorrer histórico. Inevitabelmente cada unha desas persoas foi presa da súa era, delegando a testemuña a novas xeracións que mantiveron engraxado o motor da nosa historia.