Esta é unha de tantas experiencias da cotiandade da emigración. Un costumismo que ás veces se ve enturbado polo desacougo da distancia e do deixado. Pola falta desa Galicia que nos cativa por sempre.
Un baixo pasa desapercibido na cidade suíza de Basilea. Na porta, o mapa e a bandeira da patria: A Sociedade Galega Sementeira. O lugar no que desde hai decenas de anos a emigración galega loita, contra a distancia e o esquecemento, pola supervivencia da identidade da Galiza na diáspora.