Pisando a pandemia

Logo da pandemia, no corazón das Rías Baixas, un norteamericano participa na vendima dunha familia galega. Entre acios, albariño e risas, descobre que facer viño é moito máis ca iso: é facer país, tecer comunidade . É embotellar un intre fermoso, suspendido no tempo.

O SEU mapa vs O NOSO mapa

O pasado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, o actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tivo a desvergoña de afirmar publicamente que a chegada do rei emérito Juan Carlos I a Sanxenxo era unha fantástica nova que poñía a Galiza no mapa. Unha afirmación servil e indigna cara un prófugo da xustiza refuxiado nunha teocracia machista, imputado en innúmeros casos de corrupción, que supón unha falta de respecto cara esta nación chamada Galiza.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad