Artai Gavilanes, secretario xeral de Galiza Nova: “Galiza precisa dunha celulosa nacionalizada.”

Artai Gavilanes (San Cibrao das Viñas, 2001) foi elixido o pasado mes de novembro de 2025 como novo secretario xeral de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego (BNG). O Ferrado fíxolle este Nadal unha das primeiras entrevistas desde que está á fronte das xuventudes do Bloque.



