Nós, os rupturistas

Cómpre un galeguismo rupturista que recupere a nosa esencia e inicie unha nova arte galega. É hora de presentar unha batalla cultural.
Cómpre un galeguismo rupturista que recupere a nosa esencia e inicie unha nova arte galega. É hora de presentar unha batalla cultural.
Son firme defensor da superioridade estética atlántica. Non é só a natureza, senón a arquitectura que o pobo galego inseriu na paisaxe, creadora dunha simbiose que é a nosa forma artística máis propia. O noso país é unha oda ao paso do tempo. Vivimos, sinal de que existimos.