Deixar de ser os do “non”

O BNG debe deixar de ser só oposición e converterse nunha alternativa real, demostrando que está preparado para gobernar Galicia.

O BNG debe deixar de ser só oposición e converterse nunha alternativa real, demostrando que está preparado para gobernar Galicia.

Os resultados do 18-F non han de sorprendernos. O BNG non é capaz de permear no rural de Galicia. O PPdeG é un paisano máis da parroquia. Vai á misa, acode ao velorio, está na comunidade de montes, na comisión de festas e nas romaxes. Entre tanto, as xuventudes do Bloque cantan a viva voz: "Imos queimar a Conferencia Episcopal por machista e patriarcal".