O Balneario (A Edreira), territorio do Grupo de Choque de Juan Sorga.
Por París, Zürich e tantas outras cidades europeas paseáronse nos anos setenta vellos homes con engurras na face, que nunca a ninguén confesaron o segredo da súa vida. Os tempos nos que cun fusil ao ombreiro pasaban as noites de luar ollando ás estrelas.