Suiza di ‘basta’: 10 millóns de habitantes é o límite

Como emigrante galego en Suiza, entendo o referendo para limitar a poboación aos 10 millóns de habitantes. O malestar social non nace dun “virus” de extrema dereita. Nace dunha globalización sen límites que uniformiza territorios e converte as identidades en souvenirs de escaparate.
