“Nós tamos construyendo un país”
Asturias afronta un momento fundacional na súa historia. O anseio da cooficialidade determinará o futuro do Principado. Decisión que abre unha xanela de oportunidades tamén na Galiza, ao tempo que cingue sobre o Estado Español o medo dun posíbel afastamento da vinculación que fixo da historia asturiana o paradigma de españolidade. Ao longo do artigo analizaranse os comezos da loita a prol da oficialidade, os desafíos que alborexan e a xeopolítica que a rodea.