O tren que me leva
Maio de 2020, derradeiro tren que me levou pola beira do Miño tras anos de universidade lonxe da casa. Un sono de seis horas con folgos que traían novas esperanzas. Seis meses após un avión levaríame aínda moito máis lonxe. Ao lugar desde o cal hoxe escribo.