Da superioridade estética atlántica
![](https://oferrado.gal/wp-content/uploads/2023/09/Cruceiro-768x768.jpeg)
Son firme defensor da superioridade estética atlántica. Non é só a natureza, senón a arquitectura que o pobo galego inseriu na paisaxe, creadora dunha simbiose que é a nosa forma artística máis propia. O noso país é unha oda ao paso do tempo. Vivimos, sinal de que existimos.