Un 17 de maio, 160 anos despois
Mais as letras galegas non só están feitas polos nomes que pasaron a historia senón que delas, tamén formamos parte todas as persoas que escribimos, falamos, sentimos e soñamos en galego. Ese pequeno xesto é a máis grande das revolucións. Nel reside a alma da lingua.