Luís Pérez Barral (ex-alcalde de Ribeira): “O PP ofreceu diñeiro en 2023 aos concelleiros tránsfugas do PBBI a cambio de romper o acordo co BNG.”

O día 13 de outubro de 2025 aconteceu algo insólito: catro concelleiros tránsfugas do Partido Barbanza Independiente (PBBI), que formaban parte do goberno de Ribeira xunto co BNG, presentaron unha moción de censura contra o seu propio executivo. O obxectivo: apartar a Luís Pérez Barral (BNG) da alcaldía e devolver o poder ao PPdG, nun movemento que lembra as vellas estratexias do partido.

O SEU mapa vs O NOSO mapa

O pasado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, o actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tivo a desvergoña de afirmar publicamente que a chegada do rei emérito Juan Carlos I a Sanxenxo era unha fantástica nova que poñía a Galiza no mapa. Unha afirmación servil e indigna cara un prófugo da xustiza refuxiado nunha teocracia machista, imputado en innúmeros casos de corrupción, que supón unha falta de respecto cara esta nación chamada Galiza.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad