N.E.V.E.R.M.O.R.E.
A neglixencia política que rematou co afundimento do Prestige causou a maior catástrofe ambiental da historia da Galiza. A vida tinguiuse de morte e unha soa verba, chapapote, socializou a toda unha xeración. Pablo Diego analiza o impacto da desastre na mocidade galega e como a carraxe fixo medrar o xérmolo do galeguismo a través da nova obra de teatro do Grupo Chévere, N.E.V.E.R.M.O.R.E.