Guía de publicación

Guía de publicación

1. XERAL

  • O artigo ha de ser inédito e non poderá publicarse en ningún outro medio, plataforma ou asociación sen autorización expresa de O Ferrado. Como excepción, poderán remitirse a O Ferrado creacións xa publicadas en linguas estranxeiras diferentes do castelán, previa notificación e aprobación do Consello Editorial desta circunstancia.
  • A temática dos artigos é libre, pero, en termos xerais, deberá axustarse á liña editorial do Ferrado: a divulgación cultural, política e lingüística en relación coa Galiza.
  • É preciso enviar unha pequena biografía e unha fotografía para ilustrar o perfil da persoa autora do artigo. A imaxe debe ser de plano medio ou primeiro plano, sen interferencias visuais en rostro e corpo e, preferentemente, con ángulo normal ollando cara á cámara. Recomendamos revisar os perfís publicados das persoas colaboradoras.
  • Debe achegarse, como mínimo, unha imaxe para o encabezamento do artigo. De xeito opcional, poden enviarse máis imaxes para ilustrar o corpo do texto. En todo caso, as imaxes deben ser de creación propia, de uso libre ou ben contar coa autorización expresa da persoa propietaria para a súa publicación.
  • Tamén será necesaria unha pequena sinopse do artigo, que contará cunha extensión máxima de dúas liñas.
  • As propostas de colaboración deberán ser enviadas por correo electrónico ao seguinte enderezo: contacto@oferrado.gal
  • O Ferrado non se fai responsable da opinión expresada nos artigos publicados.

2. LIBRO DE ESTILO

  • Os artigos deben ir redactados en lingua galega. A persoa autora ten liberdade de escoller aquela normativa ortográfica que considere axeitada.
  • Os textos entregaranse en formato docx. (ou compatible) en tipografía Times New Roman corpo 11 e entreliñado 1,15.
  • As colaboracións terán un máximo de dúas páxinas (excluíndo fotografías e bibliografía).
  • Todo tipo de referencia, tanto de texto como de imaxe, debe seguir correctamente algún dos sistemas de citación existentes. A modo de suxestión, unha das guías máis utilizadas no mundo académico e xornalístico é o estilo APA.
  • Os textos someteranse a unha revisión lingüística, o que pode implicar modificacións de redacción.

__________________________________________________________

NOTA DO CONSELLO EDITORIAL

O Ferrado tolera diferentes puntos de vista sempre e cando estean enmarcados no galeguismo e no respecto á cultura e á lingua galega. Os artigos publicados na revista non representan ningún consenso de pensamento. O que se esixe deles é que sexan competentes e teñan unha visión argumentada, representando opinións honestas expresadas de maneira sensata. O Ferrado non acepta responsabilidade polas opinións vertidas en ningún artigo, asinado ou sen asinar, publicado na páxina. O que si acepta é a responsabilidade de darlle a todos eles unha oportunidade de aparecer na nosa revista cultural. 

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.   
Privacidad